protocolo de hixiene e seguridade

O control sobre as condicións de recepción, elaboración, mantemento e servizo realízase baixo o sistema de “Análise de Perigos e Puntos de Control Críticos” (APPCC) e os procedementos da norma ISO 9001 aumentando así o nivel de seguridade alimentaria. A todo isto debemos engadir as auditorías mensuais realizadas polo Laboratorio de Seguridade e Hixiene Alimentaria, que realizan un exhaustivo informe con toma e análise de mostras alimentarias, de superficie, revisión de mecanismos e aparellos de medición e conservación, avaliación e corrección de hábitos de manipulación, etc.

Isto permítenos identificar e avaliar os riscos ou perigos que poidan xerarse en cada unha das fases, desde a recepción de materias primas até o consumo de alimentos. Desta forma, determinamos as medidas preventivas para evitar posibles riscos.

A- Sistema de análise de perigos e puntos de control crítico (APPCC)
En ANTONIO GALLEGO CID S. L. apostamos pola calidade e seguridade dos nosos alimentos en todos os centros onde prestamos servizos.
O APPCC é un sistema de autocontrol da seguridade alimentaria baseado na prevención dos riscos sanitarios relacionados cos alimentos. Identificando onde se pode presentar un perigo nun proceso determinado, tense a oportunidade de establecer as medidas encamiñadas a previr a súa aparición.
Podemos citar as seguintes razóns para a súa utilización:

  • O sistema APPCC garante que a seguridade dos alimentos está a ser debidamente xestionada.
  • Permite centrarse na seguridade do produto como prioridade máis importante anticipándose á aparición de calquera contratempo.
  • Proporciona aos clientes a confianza na seguridade do proceso e indica que a empresa que o aplica é profesional e asume as súas responsabilidades.

O APPCC serve de axuda para a produción de alimentos seguros. Leva á súa vez unha serie de axudas e beneficios:

  • Posibilidade de transmitir este modelo aos provedores para axudar na produción de materias primas seguras.
  • En caso de litixios, facilita a demostración documental dunha xestión da seguridade dos alimentos.
  • Se maximiza a seguridade dos produtos.
  • Redúcese o risco de producir e servir alimentos perigosos, xa que se centra nas áreas críticas do proceso.

É unha ferramenta que sistematicamente identifica, avalía e controla os perigos potenciais que son significativos para a seguridade dos alimentos.
O Sistema APPCC baséase en sete Principios:
1. Análise de perigos alimentarios: biolóxicos, químicos e físicos.
2. Identificación dos puntos de control crítico: nas materias primas, almacenamento, procesado, distribución e consumo.
3. Establecemento de limites de control críticos e medidas preventivas: por exemplo, temperatura- tempo mínimo de cociñado dos alimentos.
4. Control e seguimento dos puntos de control crítico identificados.
5. Establecemento de correccións e accións correctivas.
6. Mantemento de rexistros.
7. Auditorías sistemáticas e regulares do sistema implantado por entidades de certificación independente.

Para a realización do sistema APPCC os nosos profesionais contan coa formación e apoio necesario para o seu correcto desenvolvemento.

B -  Auditorías
Non esquezamos que para ANTONIO GALLEGO CID, S. L. o máis importante é ofrecer un servizo de calidade a todos os nosos clientes. Por iso os nosos centros son sometidos a auditorías trimestrais realizadas pola Consellería de Sanidade e por unha Consultora Externa.
Nestas auditorías realizadas in situ nos centros revísanse os protocolos das APPCC, manipulación, elaboración, conservación, limpeza, etc. e recóllense e analizan mostras de alimentos e superficies.

C – Xestión total da calidade Norma ISO 9001
ANTONIO GALLEGO CID S. L. conta desde o ano 2008 coa certificación de xestión da calidade ISO 9001.
O propósito das normas ISO é definir os requirimentos aos que debe axustarse o sistema de calidade dunha organización co fin de demostrar a un auditor externo que se cumpre coa norma.
O seu obxectivo principal é demostrar a capacidade para controlar os procesos que aseguren ao cliente a aceptabilidade do servizo, e detectar e evitar desconformidades durante a prestación dun servizo.
A nosa empresa está claramente orientada ao cliente; satisfacer as necesidades e expectativas dos mesmos (tanto as presentes como as futuras), é o noso fin, porque son os xuíces da calidade do servizo e produto.

D – Xestión total da calidade. Norma ISO 14001
Antonio Gallego Cid S.L. obtivo a certificación ISO 14001 polos seus servizos de restauración que acredita que conta cun sistema eficaz de xestión ambiental que axuda a previr impactos ambientais, utilizando os medios necesarios para evitalos, reducilos ou controlalos e está comprometida coa conservación do medio ambiente e o desenvolvemento sustentable.
Con esta Certificación que implica unha pormenorizada avaliación do noso sistema de xestión, demostramos que a nosa empresa está comprometida cos seguintes principios: o cumprimento dos requisitos legais e doutros requisitos aplicables aos seus aspectos ambientais; a prevención da contaminación ou
minimización dos impactos ambientais orixinados cando non sexa posible evitalos; o establecemento de obxectivos ambientais, dentro do concepto de mellora continua; a sensibilización do persoal respecto dos aspectos ambientais xerados polas súas actividades e a concienciación dos mesmos.