calidade e compromiso

Ante todo, o noso compromiso coa calidade. Deseñamos e organizamos o noso servizo en función das necesidades e expectativas dos nosos clientes, ofrecendo unha alimentación sa e saudable, guiados sempre por rigorosos principios de calidade, seguridade e hixiene.
Esta maneira de actuar é inherente á nosa filosofía de empresa, e se ha ir consolidando ao longo destes anos, de xeración en xeración, en catro alicerces fundamentais:

  • Eficacia e eficiencia na prestación dos nosos servizos.
  • Control do servizo en todos os seus ámbitos.
  • Responsabilidade, racionalización e axilización da xestión.
  • Avaliación constante dos resultados.

A. CALIDADE DE MATERIAS PRIMAS
En ANTONIO GALLEGO CID, S. L.coñecemos as necesidades dos comensais e as súas familias e sabemos que debemos facer do noso compromiso a satisfacción de quen confían en nós. É por iso que:

  • Elaboramos os pratos con produtos frescos e de primeira calidade.
  • Utilizamos as primeiras marcas existentes no mercado da alimentación.
  • Levamos a cabo o cumprimento e seguimento xeral do sistema APPCC en Comedores Escolares. Este procedemento afecta a todas as actividades de elaboración, distribución e servizo de comidas preparadas para colectividades.

Temos moi claro que o noso éxito se debe en gran parte á calidade das materias primas elaboradas. Por iso, o noso PROTOCOLO DE SELECCIÓN E AVALIACIÓN DE PROVEDORES fainos ser cada día máis esixentes cos mesmos, obtendo así un resultado final de gran calidade.

B. COMPROMISO DE SAÚDE
ANTONIO GALLEGO CID, S. L. é unha organización comprometida co cumprimento rigoroso das normas establecidas para proporcionar saúde aos nosos comensais.
A nosa máxima é a elaboración de menús equilibrados, seguindo as directrices establecidas pola Consellería de Sanidade, o Ministerio, a OMS e todas aquelas directivas comunitarias que nos afectan a nivel legal.
Comprometémonos a:

  • Ofrecer a máxima calidade nutricional.
  • Educar o padal dos nosos comensais para un futuro con saúde.
  • Iniciar aos escolares nun patrón alimentario no tempo da comida que sexa un referente ao longo da súa
    vida.
  • Crear hábitos alimentarios acordes coa idade do comensal.
  • Respectar a táboa de frecuencias de consumo diario, semanal e mensual recomendadas polos nosos
    nutricionistas.

Proporcionamos a correcta nutrición en escolares e atendemos ás súas necesidades cunha dieta equilibrada e acorde coa actividade que desenvolve durante o curso escolar.

C. OFERTA FORMATIVA E DE ATENCIÓN EDUCATIVA, APOIO E VIXILANCIA
ANTONIO GALLEGO CID, S. L. considera a formación do seu persoal un dos alicerces básicos da empresa, optando por unha formación próxima aos traballadores, accesible e que se nutra da práctica no seu centro de traballo.
ANTONIO GALLEGO CID, S. L. contrata para os labores de atención educativa, apoio e vixilancia persoal con formación en atención infantil e educación no tempo libre, monitores de comedor e lecer.
Tamén realiza cursos de formación externos de auxiliar de comedor e lecer para o persoal fixo na empresa que, aínda que teña anos de experiencia no sector, pode carecer da formación específica.
A través da formación interna trabállanse os módulos nos que se detectan máis necesidades no traballo para poder ofrecer un servizo de atención e educación de calidade.