función dun menú

  • O menú ten en conta a idade, as necesidades e as características do alumnado.
  • Ten presente aos alumnos do centro que pertencen a outras culturas, con outras tradicións.
  • Respecta e completa gradualmente os hábitos culturais (por exemplo, dieta atlántica) e familiares.
  • Consta de tres pratos, pan e auga. Por exemplo, primeiro prato (cereais, legumes, hortalizas), segundo prato (carne, peixe, ovo) con guarnición e sobremesas (preferentemente froita fresca).
  • A alimentación diaria consta de alimentos variados (consultar a Roda dos Alimentos).
  • Utiliza produtos de tempada.
  • Cambia segundo a estación do ano, tanto no tipo de alimentos como na súa preparación.
  • Introduce alimentos doutras zonas diferentes á nosa.
  • Predominan as materias primas e son pouco frecuentes os produtos elaborados.
  • Presenta unha variedade de cores no mesmo menú, por exemplo, verde, vermello e branco.
  • Coida moito a presentación de cada prato, utiliza técnicas culinarias diferentes para presentar un mesmo alimento.
  • Tenta utilizar a técnica que mellor conveña ao alimento, de maneira que non soamente potencie o gusto senón que favoreza a dixestión e o mellor aproveitamento dos elementos nutritivos.
  • Revisa periodicamente o menú para ver cal é a técnica máis empregada (ferver, guisar, fritir…)
  • A alimentación é adecuada tanto nos seus aspectos calóricos como nos seus caracteres organolépticos. A temperatura é adecuada ao prato que se presenta ao alumnado O menú é variado ao longo do curso (non é o mesmo cada semana).
  • Posibilita que podamos comprobar a veracidade da achega enerxética e nutritiva do menú que ofrecemos.
  • A elaboración do menú ten en conta as últimas investigacións sobre alimentación, nutrición e dietética para ir elaborando e/ou seleccionando uns menús adecuados ás diferentes idades.
  • O persoal que axuda ao alumnado coñece as características evolutivas dos nenos que atenden.
  • As familias coñecen con suficiente antelación o menú, de maneira que o poidan completar co resto de comidas do día.